Wednesday 24 de April de 2024

Ovidio visita as vivendas dos mestres rehabilitadas por Medio Ambiente en colaboración co concello de Rianxo


Ovidio Rodeiro recorreu o edificio que foi rehabilitado grazas á subvención da Xunta de Galicia
O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde, visitaron Adolfo Muiños, visitaron esta mañá as vivendas dos mestres rehabilitadas en Rianxo. Esta actuación permitirá poñer a disposición de catro familias do municipio vivendas en réxime de alugueiro cunhas condicións vantaxosas, ao mesmo tempo que se recupera un edificio emblemático desta vila e se protexe o seu patrimonio.

Trátase dun edificio de baixo e dúas plantas sito na rúa dos Mestres. A rehabilitación permitiu destinar catro pisos a acoller a persoas que pasen por unha situación de emerxencia social. Os traballos incluíron tamén a instalación dun ascensor no edificio, o illamento térmico e acústico do inmoble e a renovación integral de todas as súas instalacións.

Este programa de rehabilitación no ano 2019 sumou a súa terceira convocatoria e está dirixido a concellos con menos de 20.000 habitantes.

Ovidio Rodeiro salientou que este non é o único programa a disposición das entidades locais para facilitar unha residencia aos seus veciños, xa que dispoñen de varias liñas de actuación para recuperar vivendas ou facilitar o acceso a unha aos seus veciños.

Neste sentido, lembrou que os rexedores poden adherirse ao programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia, no que a Xunta asume o custo dos seguros de impago e multirrisco de fogar e os adxudicatarios poderían acceder ao Bono de Aluguer Social.

A Xunta tamén axuda aos concellos galegos con préstamos autonómicos do Fondo de Cooperación, investimentos que poden utilizar para mercar os inmobles para rehabilitar ou para conseguir a totalidade do orzamento necesario para a obra de rehabilitación, xa que as axudas poden chegar a subvencionar ata o 90% da actuación.

Por último, o delegado territorial sinalou que o 2019 está sendo un ano de referencia en materia de rehabilitación, pois foi neste ano no que entrou en vigor a primeira Lei da Comunidade nesta materia, que ten por principio básico “que non hai maior desprotección dunha edificación que o abandono ou desuso.